Recollemos esta pequena lembranza e homenaxe de Unai González, a doña Teresa, mestra no colexio de Aguiño toda a vida (ou ao menos dende 1980, ata a súa xubilación en 2015.

Obituario.
Adeus doña Teresa, ata sempre profe.
Síntome moi triste porque marcha unha persoa maravillosa, un ser inigualable e único, deses que marcan a vida de cantos a coñecen, non dos que a atopan no camiño senón dos que a coñeceron de verdade porque, doña Teresa, foi moitas veces incomprendida e quizais por elo non foi boa para todos, pero acaso alguén o é?.
A miña profe, a miña amiga Teresa foi unha loitadora sempre, orgullosa dela misma e foi tamén un apoio constante a calquera que o necesitara; leal e sinceira, franca e xusta, boa e xenerosa con todos aqueles que a quixemos nin máis nin menos que por ser desa maneira.
Doña Teresa marcou a vida de xeracións enteiras no colexio de Aguiño, de homes e mulleres que antes foron cativos e que aprendemos lengua e literatura española con ela, pero que tamén aprendemos a ser libres, inquedos, reivindicativos, transgresores e a non comulgar con calquera cousa nin apoiar ao pensamiento único ou o “queda ben”. A crítica da razón é a que nos fai ser independentes e autónomos e eu debo moito do meu ser, da persoa que hoxe son ás ensinanzas e consellos desta muller única e irrepetible.
Na súa humildade e no feito de non renderse nunca está a súa valía, morrer de pé antes que vivir de xeonllos e por iso non quixo nin siquera que da súa enfermidade soubese ninguén máis que os estritamente necesarios; non quixo dar pena nin causar tristura, non quixo deixar á xente que a quería cun recordo amargo e por iso eu a lembro sorrinte, cariñosa, chea de vida e de luz, como naquel último encontro fortuito na rúa unha tarde de inverno.
Agora marchou e xa non sei onde estará a súa luz e a súa voz, o seu sorriso e o brillo duns ollos cuio linguaxe aprendín a entender de neno… agora marchou a profe a ensinar no alén e deixou orfos os verdes pupitres da EXB nos que aprendemos a querer, soñar, amar, sufrir… con Bequer, Lorca, Cervantes, Quevedo, Machado, Pardo Bazán, Azorín, Baroja, Cela, Manrique, Rubén Darío… ou Miguel Hernández con aqueles versos de “Cartas”: “Aunque bajo la tierra, mi amante cuerpo esté, escríbeme a la tierra, que yo te escribiré”. Vou extrañarte moito profe, pero a lembrarche sempre e levarte comigo no corazón e na memoria e escribireiche á terra para agardar que nos meus soños me alentes, me contestes e aconselles.
D.E.P. Bicos ao ceo.
Unai González Suárez. Aguiño.




