O vindeiro 10 de outubro abren as inscricións da oitava convocatoria do Certame de Curtas Alberto Romero

08 Agosto 2023

A Asociación Cultural Alberto Romero convocou a oitava edición do certame de curtametraxes que leva o nome do escritor, divulgador, comunicador e dinamizador cultural palmeirán. Segundo fixo saber a entidade, o prazo para inscribirnos e presentar contribucións abre o vindeiro 10 de outubro e pecha o 28 de febreiro do ano vindeiro. Temos toda a información relativa ao concurso dispoñíbel na web da asociación.

Haberá categorías de Primaria e Secundaria para centros educativos da Mancomunidade Barbanza Arousa, categoría de Diversidade Funcional aberta a toda Galicia e categoría Libre aberta a toda Galicia ou obras en galego no exterior. Tamén unha categoría específica de creadoras e creadores do ámbito de Barbanza Arousa.

O certame conta coa colaboración da Mancomunidade Barbanza Arousa, ANPAs Barbanza Arousa, a Deputación da Coruña, o Concello de Ribeira, Obra Social Fundación La Caixa e as empresas da nosa comarca Chicolino e CONGALSA.

As Curtas Premiadas da Séptima edición foron: 

-PRIMARIA: “A RAPAZA DE PLÁSTICO”  de Gargallada Teatro do Salustiano Rey Eiras de A POBRA DO CARAMIÑAL
-SECUNDARIA: “COMA” de Lucía Sánchez Varela e Alejandra Santiago Rodríguez do IES Espiñeira  de BOIRO
-DIVERSIDADE: “A SEREA MARIÑA” da ASOCIACIÓN AMBAR de RIBEIRA
-BARBANZA AROUSA: “ENCONTROS NO CAMIÑO” de Bandamueca Teatro de A POBRA DO CARAMIÑAL e RIBEIRA
-CATEGORÍA LIBRE: “A ENTREVISTA” de Fernando Tato e Susana Sampedro (FERROL E RIBEIRA) – Kraken Films

As orixes

O certame audiovisual de curtas Alberto Romero naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as asociacións de nais e pais de San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

Co apoio do Concello de Ribeira levouse a cabo a primeira edición en 2017 deste certame na que participaron 19 traballos procedentes dos centros educativos do Concello de Ribeira.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.