O Museo do Gravado, en nome do seu presidente e alcalde de Ribeira, Luís A. Pérez Barral, e do seu vicepresidente, Javier Expósito Paradela, organizan o vindeiro sábado 9 de setembro o acto de entrega de galardóns do XIV Premio Atlante de Gravado, que se complementará coa apertura oficial da exposición relativa a esta edición do certame. Será ás 13.00 h na sala 0 do Museo do Gravado de Artes (Ribeira).

Esta exposición poderá visitarse do 9 de setembro ao 9 de decembro de 2023 no Museo do Gravado.
As persoas interesadas poden inscribir a súa asistencia en fundartes@fundartes.gal ou no teléfono 981 871 342.
Os galardóns do XIII Premio Atlante foron entregados o ano pasado por estas datas.
O Premio Ramiro Carregal da anterior convocatoria, o de maior dotación, foi para o madrileño Francisco de Santos Mouro. A súa obra, Marmelos, realizada nun fotopolímero iluminado á acuarela e colaxe, obtivo unha achega en metálico de 5.000 euros.



