O pregón dende o Concello marca este xoves pola noite o inicio da Feira Artemar en Ribeira

17 Agosto 2023

Este xoves dará comezo (oficialmente) a Feira Artesanal e Mariñeira de Ribeira, Artemar. Será ás 21.00 horas na Casa do Concello, co pregón de apertura das actividades e o posterior espectáculo das Cantareiras da Asociación Amas de Casa de Ribeira.

A feira desenvolverase do 17 ao 20 de agosto co obxectivo de “animar e dinamizar o verán no municipio”, segundo fixo saber esta semana, na presentación da nova edición do evento, o rexedor Luís Pérez Barral, que engadiu que a feira contará novamente con postos de venda de artesanía e espectáculos culturais. A feira estenderase ao longo das zonas peonís facendo un percorrido integrado polas rúas de Galicia, Rosalía de Castro, Santa Uxía, Porta do Sol e praza do Concello. Nestas localizacións instalaranse postos venda de produtos de alimentación e artesanía, así como tamén obradoiros demostrativos de oficios como o das redeiras, actividades infantís e contacontos.

Durante a feira mariñeira celebraranse espectáculos nocturnos na praza do Concello, contando coa implicación de asociacións e artistas locais. O peche da feira será o domingo 20 cun sorteo ás nove e media na praza do Concello e o conxuro da queimada, con degustación gratuíta ata esgotar existencias.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...