O porto da Pobra volveu ser sede da 60ª Regata Rías Baixas

12 Agosto 2023

A segunda etapa da 60ª Regata Rías Baixas concluíu na tarde deste 11 de agosto coa chegada ao porto da Pobra do Caramiñal dos aproximadamente 50 veleiros participantes nesta convocatoria da travesía náutica.

A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, desprazouse ata o Centro Sociocomunitario e de Benestar da localidade, onde tivo lugar un ágape para a tripulación e as persoas acompañantes por terra. Durante a recepción, trasladou o agradecemento da Administración local por elixir un ano máis este municipio como un dos seus portos sede, erixíndose como o de referencia na ría da Arousa. Tamén reafirmou o apoio a esta iniciativa que une o deporte da vela coa promoción turística e permite coñecer os pobos costeiros dende outro punto de vista, ademais de enxalzar o patrimonio paisaxístico dos mesmos.

Xunto co seu homólogo dos Deportes, Eloy Sobrido, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, fixeron entrega dun total de 5 premios ao primeiro barco clasificado de cada clase nesta segunda etapa que partiu de Combarro: ORC grupo 1-2 (Sailway), ORC grupo 3 (Maracana), ORC grupo 4-5 (Balea dous), Open 1 (Berlinguiño) e Open 2 (San Paio I). A edil tamén quixo facerlle entrega dun distintivo ao propio club náutico vigués e repartiuse material divulgativo sobre os recursos turísticos e culturais do municipio.

A 60ª Regata Rías Baixas componse dun total de cinco etapas: Vigo-Combarro, Combarro-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal-Sanxenxo, Sanxenxo-Vigo e Vigo-Vigo. Deste xeito, no día 12 partirán da vila con dirección a Sanxenxo para completa-la terceira fase do circuíto marítimo.

Outros artigos

A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas

Axentes de paisano da Garda Civil de Boiro detiveron a un home no lugar da Pontenaveira, na parroquia pobrense de O Caramiñal, como investigado pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas ou substancias que fan grave...

+

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Alí estará arroupada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo. No libro, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...