O menor ferido nun accidente de bicicleta en Rianxo permanece na unidade de críticos

17 Agosto 2023

O menor ferido no accidente de bicicleta rexistrado o mércores no núcleo rianxeiro de O Pazo, e do que informamos en “obarbanza.gal” permanece na unidade de críticos do hospital Clínico de Santiago de Compostela nun estado estable dentro da gravidade.

O mozo foi trasladado ao centro hospitalario compostelán presentando fracturas no rostro e múltiples lesións no cranio por mor dunha violenta colisión cun coche que se atopaba estacionado na beiravía.

O rapaz, que circulaba en bicicleta, bateu contra un coche que estaba estacionado na Rúa Pazo, á altura do número 54, en Asados, Rianxo.

Foron varios os particulares que, ao fío das 16:00 horas, contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria urxente para un rapaz que ía en bici e que chocara contra un coche.

Decontado, desde o 112 Galicia informouse dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron unha ambulancia ao punto. Tamén foron avisados os axentes de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil de Rianxo, que, debido á gravidade das feridas ocasionadas, encargáronse de recoller aos profesionais sanitarios do Punto de Atención Continuada da localidade para atender ao menor mentres non chegaba a ambulancia. Do mesmo xeito, os xestores do 112 tamén puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, os servizos sanitarios tamén derivaron un helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente,  o rapaz foi evacuado en ambulancia.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.