O Goberno ribeirense fará un estudo alternativo ao trazado da circunvalación

01 Agosto 2023

O goberno municipal reuniuse hoxe coa plataforma de afectados pola circunvalación para reafirmar o seu compromiso de seguir adiante coa realización dun estudo técnico independente que avalíe as alternativas ao trazado proposto pola Xunta de Galicia.

Tras o incumprimento do acordo plenario de outubro de 2020 por parte do anterior Executivo, que excluíu a proposta de facer a circunvalación mellorando a estrada de Xarás a Frións; o actual Goberno municipal comprométese a estudar a viabilidade dunha alternativa que non afecte aos veciños e veciñas.

O proxecto da Xunta de Galicia provocaría problemas de tráfico no entorno de tres centros educativos e suporía un maior custo económico, xa que inclúe unha nova estrada nova e algún viaduto. É por iso preciso facer un estudo no que se valore a proposta de reformar a estrada de Frións-Xarás para convertela na circunvalación que Ribeira precisa. Esta alternativa implica un menor impacto ambiental; menor impacto social, xa que non afecta a núcleos habitados; e sería máis económica por consistir nunha mellora do trazado existente mediante o suavizado de curvas e a construción de carrís de subida e baixada adicionais.

A proposta de facer a circunvalación por Frións, alén de beneficiar a barrios tan poboados como Fafián, Coveliño, As Abesadas e o centro urbano de Ribeira, daríalle servizo á poboación e negocios de Carreira e Aguiño. Asimesmo, as persoas que baixan de Corrubedo, Olveira, Oleiros e Artes ao centro de Ribeira poderían escoller esa alternativa para desembocar directamente nos aparcadoiros disuasorios das
Avesadas coa conseguinte redución do tráfico rodado no centro urbano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.