O conxunto da igrexa de Deán mostra os seus segredos nunha visita á capela da Alba

16 Agosto 2023

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal continúa coa serie de itinerarios comentados polo patrimonio cultural da localidade. No 17 de agosto repítese a visita á capela da Alba, experiencia que se amplía para descubrir tamén en conxunto a igrexa de Santiago do Deán, por mor das solicitudes recibidas.

O punto de encontro establécese no adro do Castelo, ás 12.00 horas. Convértese así na cuarta parada, que estivo precedida pola primeira visita á capela da Alba, unha ao pazo do Couto e outra ao templo relixioso de Santa María a Antiga do Caramiñal. Este programa proseguirá ata finais de mes.

Trátase dunha actividade de balde que require a inscrición previa a través dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

A maiores, seguen operativas as visitas comentadas pola torre de Bermúdez que se efectúan cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas. Unicamente é preciso anotarse nas canles xa referidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...