O Concello de Ribeira volve reclamar un médico a tempo completo para Corrubedo

10 Agosto 2023

Membros do equipo de Goberno do Concello de Ribeira volveron participar nas mobilizacións da veciñanza de Corrubedo para acadar un médico a tempo completo, mobilizacións que se veñen celebrando cada xoves ao longo da presente tempada. Veciñanza e Concello demandaron unha reunión urxente con Sanidade para “acadar unha solución”.

“Corrubedo necesita un médico a tempo completo tódolos días do ano. A solución que
intentan trasladarnos dende a Consellería de Sanidade, de simplemente ter médico a tempo completo os dous meses de verán non é válida” afirmou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.

No transcurso da concentración, o concelleiro de Sanidade Juan Luis Furones, reclamou unha reunión urxente entre a nova Corporación municipal e a Consellería de Sanidade para incrementar os medios materiais e persoal e garantir unha atención médica de calidade a toda a poboación de Ribeira. “Esta política de contratación mínima non se pode aceptar, seguimos intentando chegar a un diálogo coa Consellería de Sanidade pero non obtemos resposta” indicou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.