O Concello de Ribeira pide a Portos que arranxe o antes posíbel a deteriorada varanda do peirao de Corrubedo

10 Agosto 2023

O Concello de Ribeira vén de solicitar a Portos de Galicia o urxente arranxo da varanda do peirao de Corrubedo, arestora moi deteriorado (con importantes sinais de corrosión que achegan un claro problema de seguridade para viandantes e usuarios das instalacións portuarias). Segundo lembra o equipo de Goberno, trátase dunha situación “que a veciñanza de Corrubedo leva denunciando dende tempo atrás”.

“Enviamos fotografías a Portos de Galicia para denunciar o estado da estrutura e solicitar
que se repare o antes posíbel” afirmou o alcalde Luís Barral, lembrando que a varanda atópase oxidada na meirande parte e carece dun tramo no final do recheo, “o que supón un gran perigo polo
risco de caídas”.

A estrutura, engadiu Fernando Abraldes, edil da área de Mar, “debe cumprir con estándares específicos para garantir que sexa o suficientemente resistente para previr accidentes. É imperativo realizar melloras para garantir a seguridade de tódolos veciños e veciñas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.