O Concello de Ribeira comprométese a loitar polas condicións laborais dos traballadores do Parque de Bombeiros

21 Agosto 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, a concelleira de Economía e Facenda, Herminia Pouso Maneiro e o concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías, Franciso Suárez-Puerta Colomer, mantiveron este luns 21 de agosto unha reunión co responsábel do Parque de Bombeiros de Ribeira.

No encontro abordouse a situación do colectivo e o estado do servizo do parque comarcal
emprazado no Xarás. Pola súa parte, o equipo de Goberno de Ribeira trasladoulle o seu apoio
na loita por un convenio xusto e digno.

Luís Pérez, alcalde de Ribeira, destacou que resulta “imprescindíbel a mellora das condicións do sector para garantir a súa seguridade e a de toda a cidadanía”. E engadiu: “Dende o Concello
incidiremos nas peticións de aumento de persoal e equipamento ás autoridades competentes. É fundamental que dende a Xunta se recoñezan os dereitos laborais e as necesidades lexítimas deste sector, para que poidan realizar o seu traballo de xeito seguro e eficiente”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...