O Concello de Boiro organiza unha viaxe á Kontxa para a regata do domingo 10 de setembro

29 Agosto 2023

O Concello de Boiro organiza unha viaxe a Donostia (San Sebastián) para asistir ás regatas masculina e feminina que se celebran o domingo 10 de setembro. As inscricións para o autobús e aloxamento poden facerse na Oficina de Turismo de Boiro ata o vindeiro mércores 6 de setembro.

O autobús sairá o venres 8 de setembro ás 23.45 horas da Casa do Mar de Cabo de Cruz e ás 00.00 horas dende a Cachada. A chegada a Donostia está prevista ás 11.00 horas, con tempo de lecer durante o día ata as 20.00 horas que será a saída para o hotel.

O domingo 10 de agosto está previsto o almorzo no hotel entre as 7.45 e as 8.15 horas e ás 8.30 horas sairase cara á cidade vasca para presenciar a regata feminina, que comeza ás 11.00 horas e a masculina, que sairá ás 12.00 horas. A viaxe de regreso partirá ás 15.30 horas e a chegada a Boiro está prevista para as 02.00 horas.

Máis información e inscricións na Oficina de Turismo de Boiro, de xeito presencial na Casa Consistorial, a través do enderezo electrónico turismo@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 54. A data límite de inscrición será o mércores 6 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.