O Concello da Pobra executa o acondicionamento de varias instalacións deportivas

28 Agosto 2023

Catro instalacións deportivas municipais están sendo obxecto nestes días de obras de acondicionamento por un importe que supera os 7.000 euros, no concello da Pobra do Caramiñal. Segundo explicou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, estas tarefas concéntranse en pistas exteriores, tanto do núcleo urbano coma do rural, co obxectivo de “que as persoas poidan desenvolver a súa práctica deportiva nunhas instalacións en óptimas condicións”. Así, ditos traballos enmárcanse no plan de mellora de dependencias para o segundo semestre do presente ano.

Nas pistas do Castelo efectúase a reparación do peche perimetral, o cambio das mallas electrosoldadas detrás das portarías e a dotación desta no portal de entrada e nas dúas varandas divisoras da cancha por máis de 1.100 euros.

Tamén se actuará nas pistas do Campo da Angustia coa reparación da mesma e a substitución da rede metálica que a rodea. O investimento sitúase nos 2.541 euros.

Outra das melloras será nas pistas da rúa Doutor Lamas e Andrés por 2.299 euros. Consistirá no relevo dunha decena de mallas electrosoldadas e o cambio doutra de simple tensión, así como de cableado que presente danos.

E, cun investimento de 1.331 euros, dotarase ao estadio municipal da Alta dunha plataforma para a colchoneta de salto de altura, ademais de reforzar a estrutura existente.

O conxunto destas intervencións é executada por Cerrajería Paz García S.L.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.