O Club Náutico de Portosín izou a Bandeira Q de Calidad Turística e Azul

05 Agosto 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este sábado no izamento das bandeiras de Q de Calidade turística e Azul no Club Náutico de Portosín, concedida a esta entidade por 32º ano consecutivo, feito que converte ao R.C.N.Portosín no Clube Náutico galego máis veterano con este recoñecemento e o único que o ostenta desde su creación.

Xosé Merelles destacou que, grazas á calidade e ao compromiso da Comunidade coa excelencia, acadáronse este ano 16 distintivos Q para outros tantos portos deportivos de Galicia e 139 bandeiras azuis que ondean en 113 areais, 12 portos deportivos e 14 dos chamados “centros azuis” (aulas do mar ou da natureza).

Neste sentido, Merelles destacou a aposta pola calidade que desde Turismo de Galicia se está a facer como elemento diferenciador e de posicionamento do destino: “Galicia Calidade é moito máis que unha frase o un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.

Líder no turismo náutico

Galicia segue estando á cabeza das distincións Q de Calidad Turística en moitas das categorías recollidas polo Instituto Español de Calidad Turística (ICTE). De feito, ocupa o segundo posto por detrás de Andalucía en número total de distincións e é a primeira comunidade en establecementos de aloxamento e restauración, lecer ou Portos Deportivos, nos que ten 16 dos 27 distinguidos (59% do total).

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia destacou a importancia de acadar este tipo de distincións que contribúen á dinamización turística e posicionamiento de territorios como o da ria de Muros-Noia, que está agora en pleno desenvolvemento dun Plan de Sustentabilidade Turística en Destino a través dos Fondos Next Generation que lle permitirá avanzar no seu posicionamento como destino moderno, sostible e de calidade.  Un elemento, este último, determinante na toma de decisións tanto para os turistas nacionais como os internacionais.

Outros artigos

O I Trofeo Rodas reunirá a máis dun cento de patinadores na Pobra

Unha nova competición estréase na Pobra do Caramiñal nesta fin de semana. Trátase do I Trofeo Rodas / Niveis Patinaxe Artística. Aproximadamente 130 patinadores e patinadoras de categorías base citaranse nesta proba que se desenvolverá no domingo 16, a partir das...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou seves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitudede xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague aluz...