O club de remo da Pobra organiza este sábado unha xornada de portas abertas para novas e novos deportistas

10 Agosto 2023

O club de remo da Pobra (Club de Remo Puebla) vai organizar este sábado unha actividade para facer canteira no concello e na comarca, dirixida a rapaces e rapazas de máis de 16 anos con interese en practicar este deporte.

Así, o vindeiro sábado día 12 de agosto ás 11:00 h, o club desenvolverá unha xornada de portas abertas que permitirá á nova xeración de futuros remeiros coñecer a fondo a entidade deportivas e as súas instalacións (ximnasio, foxo, etc) e incluso participar en actividades prácticas vogando no mar.

“Son moitas as persoas que ao longo do ano se poñen en contacto con nós con interese en practicar este deporte, así que para todas elas, agora é o momento”, sinalan dende o club, lembrando que o proxecto deportivo arrinca este mesmo de setembro e que as persoas interesadas en participar na xornada deste sábado poden enviar un correo a remopuebla@gmail.com ou unha mensaxe de Whatsapp ao número de teléfono 604 812 841.

—

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.