O bus de LabEmprende recala este xoves en Porto do Son

21 Agosto 2023

A xira LabEmprende da Fundación LaCaixa volve esta semana á nosa comarca. Logo da visita a Rianxo, os días 3 e 4 agosto, o laboratorio móbil, interactivo e multimedia de La Caixa fixo unha parada en Ribeira (até este mércores 16) para logo desprazarse a Noia (o xoves 17 e o venres 18 na Alameda, a carón do Concello). Despois da parada de Carballo (o luns 21, o martes 22 e o mércores 24 na praza do Concello) a unidade móbil tecnolóxico-emprendedora recalará en Porto do Son (o xoves 24 e o venres 25 de agosto na avenida de Galicia, á altura do número 24).

O bus de LabEmprende é un laboratorio de emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para reflexionar e profundar sobre o feito de emprender. Porase o foco en divulgar contidos entre a rapazada e a mocidade, a través do número de teléfono 900 101 493 e a conta info@labemprende.com.

As persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.

A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.

O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.

A partir dun percorrido por un espazo multimedia e con diferentes actividades interactivas, este taller itinerante permite descubrir o proceso de emprendemento e as características e valores necesarios para emprender. O percorrido pasa por tres ámbitos: Mira, Pensa e Actúa. No primeiro convídasenos a aprender a observar, no segundo a verificar e descubrir se unha oportunidade de negocio é boa e no terceiro a converter unha idea en negocio en realidade.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...