O alumnado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal de Boiro visita a Lourizán e recibe formación en emprendemento cooperativo

18 Agosto 2023


O alumnado-traballador participante no Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns II – Boiro está a recibir esta tempada formación complementaria. Nesta semana participaron nunhas xornada de empredemento e nunha visita formativa para dar continuidade e complementar a formación adquirida.

Entre as actividades desenvolvidas incluíronse unhas xornadas formativas destinadas ao alumnado do Obradoiro e tamén ás persoas usuarias do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Boiro. Estas xornadas, impartidas por Espazocoop, estiveron destinadas a sensibilizar en materia de emprendemento cooperativo.

A outra das actividades realizadas foi unha visita formativa ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Misión Biolóxica de Galicia co obxectivo de complementar a formación adquirida nas especialidades de Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas e Aproveitamentos forestais que están a realizar.

Un total de 20 persoas participan no Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns II – Boiro, que conta co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comunidade autónoma.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.