O 25 de agosto inaugúrase en Rianxo a mostra Xoias do Ceo (fotografías astronómicas de Francisco Javier Cerdán e Salvador Ortega)

14 Agosto 2023

O vindeiro 25 de agosto, ás 21:00 h., no marco do programa Verán Cultural 2023 organizado polo Concello de Rianxo, celebrarase a apertura oficial da exposición Xoias do Ceo, consistente en fotografías astronómicas de Francisco Javier Cerdán Núñez e Salvador Ortega Saura, con textos de José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campos Díaz e Xabier Pérez Couto (equipo de traballo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela).

A exposición poderá ser visitada no Centro Sociocultural-Auditorio ata o vindeiro 2 de outubro, nos seguintes horarios: do 25 de agosto ao 8 de setembro: de luns a venres de 09:00 a 13:45; do 11 ao 14 de setembro: de 10:00 a 13:00; e do 18 de setembro ao 2 de outubro: de luns a venres de 09:00 a 14:30 h). Con posterioridade á apertura, desenvolverase nos xardíns do Parque Galicia unha observación astronómica guiada polos astrónomos do Observatorio Ramón María Aller da USC.

Esta actividade de divulgación astronómica, tradicional dentro da programación sociocultural do verán rianxeiro, está aberta a todo o público e ten como obxectivo “a promoción da cultura científica, neste caso, a través da astronomía e a comprensión e goce o ceo nocturno”.

O Concello explica que “no suposto de condicións meteorolóxicas que impidan unha axeitada observación, advertirase na web do Concello así como, de ser posíbel, unha nova data”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...