Novo récord de usuarios en “obarbanza.gal”. 49.577 usuarios únicos en xullo convértennos no segundo medio de información dixital da comarca

01 Agosto 2023

Remata xullo cuns magníficos datos de seguimento do noso diario dixital que acada récord desde o seu lanzamento en maio de 2019.

Seguimos crecendo e xullo deixou 76.919 visitantes cunha media diaria de 2.481 usuarios/día. Isto indica que o longo do mes que rematou contamos con 49.577 usuarios únicos (esta cifra reflicte o número de persoas físicas diferentes que accederon o sitio- Datos de Dinaserver).

O crecemento nos últimos doces meses foi dun 210,93%, mentres que os usuarios únicos aumentaron nun 249,96 %.

No que vai de ano 2023 acadanos xa 320.979 visitas cin 182.101 usuarios únicos e levamos publicadas 4.697 novas.

Respecto á procedencia dos nosos lectores España, Estados Unidos, Suecia, Irlanda, Suíza, Holanda, Portugal, Reino Unido, Noruega, Francia, Alemania, Finlandia e Chile encabezan o listado no que temos lectores de 133 países.

Ase mesmo a nosa publicación mensual “ O Barbanza”, segue a ter unha magnífica acollida na edición en papel cunha tirada de 7.000 exemplares, e que coma sempre é repartida de balde nos concellos da comarca e que pode ser descargado tamén de balde en pdf desde a nosa web.

Respecto ás nosas redes sociais tamén seguen crecendo, e así facebook aumentou no último mes un 104 % con 2.764 siareiros. Todo un éxito que nos anima a seguir traballando e aumentando os nosos contidos.

Adiantarlles que nuns días lanzaremos a nova web cun novo deseño e mais contidos. O noso agradecemento os moitos colaboradores que desinteresadamente aportan as súas escritas, opinións e información e xa saben que seguimos contando coa súa colaboración e apoio por darnos a coñecer.

E invitar ós nosos lectores a mandarnos novas, información, videos, fotografías, comunicados e convocatorias o noso email “redaccion@obarbanza.gal” ou mediante o noso whasapp 608 24 01 60.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.