Motorista ferido en Rianxo

13 Agosto 2023

Ao fío das 14:30 horas, o 112 Galicia era informado dun accidente en Rianxo. Tratouse dun choque entre unha moto e un coche que circulaban pola recta de Asados, a DP-7202. O motorista resultou ferido, sen embargo, o alertador indicaba ao 112 que o turismo continuara a marcha.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico, da Policía Local, aos Bombeiros de Boiro e aos efectivos de Protección Civil de Rianxo.

Unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil confirmaron que o motorista foi trasladado ao Punto de Atención Continuada da localidade para, posteriormente, ser derivado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

Os Bombeiros tamén indicaron ao 112 Galicia que, tras ser evacuado o ferido, procederon coas tarefas de limpeza da vía. Debido ao impacto, quedaron líquidos espallados pola estrada procedentes da moto. 

Protección Civil Rianxo

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.