Morre o poeta e profesor, Xoán Xosé Fernández Abella, moi vinculado á comarca

17 Agosto 2023

O poeta e profesor monfortino, Xoán Xosé Fernández Abella faleceu aos 89 anos. Licenciado en Dereito, estivo emigrado en Venezuela entre 1966 e 1972. Foi mestre, entre outros lugares, en Ortigueira e tamén estivo vinculado á comarca. Ten publicadas varias obras de poesía: Poemas galegos, Escolma de poemas, Poemas estradenses e catorce poemais máis ou Poemas de amor, loanza, condena e outros.

O poeta e escritor estaba moi vinculado o Museo Valle-Inclán , A el débese a recuperación do escritor pobrense, finado no exilio, Juan José Pérez Gómez, coñecido como “Caramiñas” e “José do Barbanza” e que faleceu en Bos Aires en 1947.

El recuperou a obra do escritor pobrense nunha obra editada polo Concello de A Pobra. Sobre a figura Caramiñas colaborara en exposicións na Pobra e en Ribeira.

O enterro terá lugar este venres no cemiterio de Ortigueira, de onde era natural a súa muller, Mercedes, tamén profesora e falecida de forma prematura hai máis de 30 anos. A súa muller chamábase Mercedes Álvarez. Deixa dous fillos, Juan Manuel e Merce.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.