Luis Oujo e Alicia Martínez visitan no Son a mostra “As Cucadas de Bela” (aberta até este venres na Cidade da Cultura)

25 Agosto 2023

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e máis a concelleira de Cultura, Alicia Martínez, visitaron este xoves 24 de agosto a exposición de artesanía As Cucadas de Bela, elaborada por unha creadora local de só 12 de anos de idade, Sabela, que é unha das grandes promesas artísticas do concello.

Veciñas, veciños e visitantes achegáronse estes días (dende o luns 21) ata a Casa da Cultura de Porto do Son a descubrir as creacións artesanais de As Cucadas de Bela. A mostra estará aberta até este venres.

A artista destaca pola calidade das pezas obtidas (colares, pendentes, colgadores para os móbiles ou as lentes, pinzas para o cabelo, chaveiros, aneis) con resinas epoxi, madeira e outros materiais, “para todas as idades” e “feitas a man”.

Sabela ten un Facebook propio onde mostra as súas creacións.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.