Galicia rexistrou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para a época

04 Agosto 2023

Galicia rexistrou un mes de xullo seco e con temperaturas normais para este período, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.
Este período caracterizouse pola presenza dunha zona de aire frío en capas medias e altas da atmosfera no Atlántico norte que impediu que o anticiclón se movese cara ao norte, deixando a Galicia en zonas intermedias, con máis predominio anticiclónico, pero con achegamentos frecuentes de frontes atlánticas febles e sen aproximacións de masas de aire norteafricanas.
Así, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0,2 graos, o que fai que xullo poida considerarse como normal no conxunto da Comunidade.
Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 24,4 graos, rexistrándose os valores máis altos nas ribeiras do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín, onde se chegaron a acadar os 31,6 grados. Pola contra, os valores máis baixos déronse nos puntos máis elevados da serra de Queixa e Serra do Eixe, nas que roldaron os 16 graos.
No caso das temperaturas mínimas, a media foi de 12,7 graos. Os valores máis baixos rexistráronse nas serras de Larouco, Queixa e do Eixe -6,7 graos- e os máis altos en varios puntos do litoral, con ata 17,6 graos.
No que se refire ás precipitacións, a anomalía media, obtida en base aos rexistros de 16 estacións meteorolóxicas significativas, foi un 43% inferior ao valor climático normal, polo que este mes se pode considerar seco.
Deste xeito, a precipitación media acumulada foi de 23 l/m 2 , rexistrándose os valores máis elevados en áreas do oeste da provincia da Coruña con ata 145 l/m 2 , seguidas de áreas do suroeste desta provincia e do noroeste de Pontevedra, con preto de 100 l/m 2 . Pola contra, en puntos das comarcas ourensás de Verín e Viana localmente houbo entre 0 e 1 l/m 2 .

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.