Formoso destaca dende Boiro o valor turístico e deportivo do veleiro “Tokio II”

21 Agosto 2023

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou na tarde deste 21 de agosto o concello de Boiro para facer un percorrido pola ría de Arousa a bordo do veleiro Tokio. Fíxoo na compaña do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o presidente do Club Náutico de Boiro, Manuel Fajardo, e representantes de distintas agrupacións do deporte local.

Formoso quixo destacar “o gran potencial turístico, deportivo e cultural que achega o veleiro Tokio II, gracias ao cal podemos coñecer a riqueza paisaxística, deportiva e cultural que atesoura tanto o Concello de Boiro como a súa contorna”.

Segundo lembraron Formoso, Romero e Fajardo, o Tokio II é un veleiro de categoría ocean race, cun calado de máis de catro metros, unha eslora de case 19 metros, unha manga de algo máis de 5 metros e 24 metros de altura, sendo unha das embarcacións da súa clase máis impoñentes da contorna.

Desde este ano ofrécense experiencias de vela de alto nivel desde Cabo de Cruz ao longo de toda a ría, onde os participantes poidan familiarizarse coa navegación nun barco deseñado para a alta competición, adquirindo coñecementos, prácticos e teóricos, de termos náuticos como son o trimado de velas, funcionamento de grinders, drizas, escotas ou burdas.

O presidente provincial destacou “a gran oportunidade que ten a xente para experimentar a gran competición do mundo da vela a través deste veleiro Tokio II, á vez que se desfruta da beleza da ría de Arousa”.

Outros artigos

Morre José María Caneda, histórico presidente do Compostela

Pesar no mundo do fútbol galego que lle di adeus ao histórico presidente da Sociedade Deportiva Compostela José María Caneda. Faleceu neste luns 24 de xuño, despois de loitar contra unha grave enfermidade os últimos anos da súa vida.  Caneda será lembrado polo éxito...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

Se cumplieron diez años de la coronación de Felipe VI y el aniversario se conmemorócon un acto sencillo, alejado de la grandiosidad que suele dominar la esfera pública.Al Rey le tocó reinar en el peor momento para la institución monárquica por problemasheredados de su...