Este venres preséntanse en Noia os “Contos da illa de Man” de Sophia Morrison

08 Agosto 2023

Este venres 11 de agosto ás 20:30h, no Casino de Noia, terá lugar a presentación da primeira tradución ao galego da obra Contos illa de Man, de Sophia Morrison.

Será un acto para todos os públicos, con contacontos incluído.

A colección de relatos que se ofrece neste volume foi publicada orixinalmente en inglés alá polo 1911 da man de Sophia Morrison, que se preocupou de recollelos antes de que desaparecesen do imaxinario popular e mentres as verbas en manx (lingua propia de Man) aínda os enriquecían. Tempo despois, no ano 2013, Bob Carswell fixo unha reedición en engadiu outros contos que non estaban na primeira versión.

“Ese libro ilustrado por Julia Ashby, é unha pequena obra de arte”, sinalan dende a editorial Medulia, subliñando o seu afán de manter viva a cultura da illa. Inclúe a gravación de quince das historias alí escritas onde se aprecia con claridade o sabor que o inglés foi adquirindo nesa terra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.