Este mércores comezan as Festas de San Ramón de Bealo

30 Agosto 2023

Esta semana (dende o mércores 30 até o domingo 3 de setembro) vaise celebrar unha das grandes celebracións relixiosas e culturais da nosa comarca e da xeografía galega: as Festas de San Ramón de Bealo (Boiro), Festas de Interese Turístico de Galicia. O programa inclúe a tradicional e célebre romaría, que chega este xoves 31 á súa CCLXVII edición.

A festa comeza este mércores coa procesión desde a igrexa parroquial de San Pedro ata a capela de Santo Ramón coas imaxes dos santos do templo parroquial e prosegue ao medio coa misa cantada na honra de Santo Gregorio e pola noite, a novela e a misa en honra a Santo Ramón. Máis tarde haberá verbena con Unión y Fuerza, disco móbil Chocolate, Dj Tito Maverik e Dj Manutxo.

Ao día seguinte proseguen as celebracións coa misa cantada das 13.00 na honra de Santo Ramón, unha sesión vermú coa orquestra D´Noite, os bailes rexionais co Grupo de Gaitas Aires do Río Lanuxe (pola tarde) e, xa pola noite, misa de despedida dos romeros e verbena coas orquestras D´Noite e Os Satélites.

O venres haberá misa cantada na honra de San Roque (ás 12.30) e verbena con Trébol e Alianza.

O sábado misa cantada (ás 12.30) na honra da Virxe das Dores e pola noite verbena con América SL e Sinfonía.

O domingo misa cantada en honra á Virxe da Milagrosa (ás 11.30) e verbena coas orquestras París de Noia e Compostela.

O domingo 10 tamén haberá festa: o San Ramonciño pequeno. Haberá misa ás 12.00 na honra de Santo Ramón, degustación de polbo e viño a prezos populares pola celebración do San Ramonciño pequeno e actividades para os máis pequenos de 15.00 a 18.00 horas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.