Este martes abre o prazo de inscrición do servizo Madrugadores de Outes

22 Agosto 2023

O Concello de Outes puxo a disposición das familias locais o servizo de Madrugadores para o curso 2023-2024, que forma parte do programa Outes Concilia, dirixido a facilitar (con actividades de lecer, culturais, divulgativas, deportivas e formativas) a harmonía entre a vida laboral e familiar. Quen precise máis información tena ao seu dispor na páxina web do Concello, xunto coa folla de inscrición.

Dito servizo está destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e poderá ser utilizado de forma fixa ou ocasional.

As prazas limitadas son limitadas e o período de inscrición é dende o 22 ao 31 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.