Entra na súa recta final o prazo para inscribirnos na ruta das Trece Cruces de Rianxo

21 Agosto 2023

O Concello de Rianxo organiza o domingo 27 de agosto a ruta de sendeirismo As Trece Cruces, encadrada na iniciativa Goza do Ulla 2023 impulsado polos concellos polos que discorre o río (o ciclo comezou no mes de xuño en Dodro, cun percorrido dunha ducia de quilómetros polas brañas de Laíño). Segundo confirmou o Concello, quen queira participar no roteiro aínda está a tempo de inscribirse, posto que o prazo para facelo remata este mércores 23 de agosto.

O trazado da ruta do 27 de agosto é un itinerario circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río, entre os que destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial “con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves”, sinala o Concello, que tamén pon en en valor o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro.

“O percorrido permitiranos divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada”, engade.

Información da ruta

​​​​​​Data: 27 de agosto

Hora de inicio: 09:30 h

​Lugar de inicio/fin: Escola unitaria de Quintáns (GPS: 42.667818, -8.741161)

Duración (aprox.): 4 horas

Distancia (aprox.): 11 Km

Inscricións:

Ata o mércores 23 de agosto as 23:59 na ligazón específica habilitada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.