O Concello de Ribeira informa que tras o accidente acontecido este venres día 4 de agosto de 2023
na atracción Super Mario, e da que informamos en “obarbanza.gal” elaborouse un informe técnico e unha inspección visual das condicións de seguridade do aparello para, tendo en conda as circunstancias do accidente, propor medidas correctoras.
Tras inutilizar o movemento da plataforma oscilante para impedir que un neno poida meter os dedos entre as dúas superficies, os técnicos elaboraron un posterior informe certificando que a atracción pode abrir ao público de novo.




