En Dodro proseguen os traballos para limpar e acondicionar estradas, rueiros, parques e áreas deportivas

O Concello de Dodro informou da realización de novos traballos de mantemento e limpeza nos distintos núcleos de poboación do termo municipal. As tarefas desenvolvidas tamén incluíron actuacións nos rueiros interiores das aldeas, nos parques, nas instalacións deportivas e nos marxes das estradas.

Os traballos, segundo confirmaron fontes do Consistorio, proseguirán ao longo desta tempada. Están a ser desenvolvidos segundo o programa da Concellaría de Obras e Servizos, que informa que se puxo un especial énfase nas zonas de lecer para a rapazada, que foron limpadas por terceira vez no que vai de ano.

O Concello agradeceu o apoio da Deputación da Coruña, “que co programa PEL axuda con recursos aos concellos para que poidamos dispoñer de persoal extra que permite facer estes labores, que doutro xeito sería imposíbel”.