“De Trevonzos á Eternidade: Borobó e o seu adeus de 20 anos” – Antón Luaces

28 Agosto 2023
Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nado en Pontecesures o 10 de xullo de 1916 e finado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003, foi un escritor e xornalista galego moi vinculado á nosa comarca.
Fillo do médico Víctor García García-Lozano e Dolores Domínguez Sierra.[1] Estudou o  bacharelato en Pontecesures e despois cursou Filosofía e Letras na universidade de Santiago de Compostela. Durante a Segunda República ingresou en Izquierda Republicana, pero marchou con Xoán Xesús González para formar Vanguardia de Izquierda Republicana, da que foi secretario de actas. En 1936 a guerra civil española sorprendeuno en Santander, onde asistía á Universidade Internacional de Verán. Foi trasladado a Madrid e participou na defensa da cidade en unidades de artillería e de transporte. Afiliouse á Unión General de Trabajadores, e comezou a súa faceta xornalística, con colaboracións na redacción de Estímulo, voceiro das unidades artilleiras en que participou. Cando xa remataba a guerra afiliouse ao PSOE.
Rematada a guerra, pasou por diversos campos de concentración, tivo que facer o servizo militar en Marrocos e incorporouse á actividade clandestina do seu partido. Fixo de enlace entre os socialistas galegos e a dirección do PSOE en Madrid. Retomou o seu traballo xornalístico participando na publicación Finisterre e, entre 1944 e 1946, en El EspañolLa Estafeta LiterariaFantasía e Madrid.
En 1946 volveu a Galicia e incorporouse á redacción de La Noche, do que foi director, e no cal deu cabida a novos escritores que acabarían sendo coñecidos polo alcume de Xeración ‘La Noche’. Entre 1949 e 1966 foi o cronista oficial de Compostela.[2] Ocupou a dirección de El Correo Gallego en 1960, e máis tarde marchou novamente a Madrid, e traballou en Agencia EFE até a súa xubilación. Na última parte da súa vida, retirouse a Trevonzos, unha pequena aldea de Boiro dende a que se ve a vila de Rianxo.

“De Trevonzos á Eternidade: Borobó e o seu adeus de 20 anos” – Antón Luaces

Como se o feito de escribir fora un bradar necesario, aprendido dos seus tempos de artilleiro na incivil (como se houbera algunha delas civil) guerra española de 1936, Raimundo García Domínguez (“Borobó”) máis que escribir, en ocasións disparaba e as súas andanadas superaban con  moito o alcance inicialmente previsto mesmo polo autor.

Político convencido, a guerra española colleuno cando asistía a un curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Santander cando xa estaba cheo de traballar en “Izquierda Republicana” para, da man de Xoan Xesús González, pasar a formar parte de “Vanguardia de Izquierda Republicana”.  De Cantabria pasou a Madrid, onde como artilleiro participou na defensa da capital española e, como  uxetista,  a colaborar en “Estímulo”, voceiro das unidades artilleiras  nas que “Borobó” se integraba. Cando a guerra esmorecía, afiliouse ao PSOE, partido para o que fixo diversas colaboracións clandestinas. De volta a Madrid, reanudou en “Finisterre” o seu labor xornalístico ampliado, entre 1944 e 1946, a “Finisterre”, “El Español”, “La Estafeta Literaria” e “Madrid”.  

Nacido en Pontecesures en xullo de 1916, “Borobó” elixiu vivir no Barbanza, concretamente no concello de Boiro, para finar en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003.

Ao igual que moitos outros mozos da súa xeración, tivo que cumprir coa obriga de facer o Servizo Militar. Foi destinado a Marrocos, despois de ter pasado por distintos campos de concentración (os de Carabanchel e Alcalá de Henares, onde foi a consello de guerra, quedando libre e sen  cargos, xunto con Celso García de la Riega).

Borobó foi detido novamente e ingresou no Batallón de Traballadores, onde prestou servizo como albanel. Pasa posteriormente ao cárcere de Porlier, no madrileño barrio de Salamanca, onde se amoreaban 4.000 detidos. Queda libre ao cabo duns meses. Retornou a Cesures en 1940, o día de San Antonio, e un mes máis tarde mandárono a Larache (Marrocos), como a se indicaba anteriormente. En Larache debeu estar durante dous anos e medio , ata outubro de 1942,  para facer o servizo militar. 

En definitiva, tres anos de guerra, case que un de cárcere e dous anos e medio máis de servizo militar en África, marcan a vida de quen foi un dos mellores xornalistas galegos. Todo,  por non ter comungado cos postulados dos golpistas de 1936.  

A dirección do xornal “La Noche” permitiu o reencontro de Borobó con Galicia a través dos seus populares “Anacos”. Foi no ano 1946. Como director foi quen de conformar unha redacción que deu un marchamo fondamente galeguista a “La Noche”, cunha xeración de novos escritores que deixaron fonda pegada no xornalismo galego e español.

Posteriormente (ano 1960) dirixiu El Correo Gallego e escribiu boa parte das súas publicacións non  propiamente xornalísticas, o que compaxina coa función propia de quen é Cronista oficial de Santiago de Compostela. De aquí retorna a Madrid, onde traballa ata a súa xubilación na Axencia de Noticias EFE. 

Desvinculado do xornalismo activo, Borobó comeza unha nova vida na aldea boirense de Trevonzos (parroquia de Cespón), onde residiu ata o seu pasamento na capital de Galicia.

Borobó deixa unha nidia pegada de xornalista comprometido con  Galicia tanto desde o eido cultura coma político, motivo polo que se lle outorgou a Medalla Castelao.  

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...