Comercios da Pobra sacan á rúa os seus produtos entre o día 12 e o 14 de agosto

10 Agosto 2023

Un nutrido feixe de establecementos de alimentación e moda converterán a praza do Emigrante nunha feira ao aire libre nunha nova edición do Comercio na rúa, que se desenvolverá do día 12 ao 14 de agosto. O horario de apertura será de 11.00 a 23.00 horas, coa presenza de LuscoFusco, El Armario de Mi Amiga, Burbujas, Fina Campaña e Carey.

A maiores, para “animar o ambiente”, no domingo 13, ás 21.30 horas, haberá un concerto da pobrense Alba Fernández.

Xunto coa técnica municipal da Promoción Económica, Sara Sánchez, e Rosalía Pouso, en representación dos negocios participantes, a concelleira Amparo Cerecedo incide na importancia que ten para a Administración local “seguir a liña estratéxica de impulsar iniciativas que contribúan a dinamizar a vida económica do municipio, ao incentivar as compras no comercio de proximidade e facilitar unha maior proxección a estes negocios e os produtos que venden aproveitando o bo tempo e a afluencia de xente nesta época estival”.

A edil tamén anunciou unha novidade con relación a anteriores convocatorias desta acción: persoal especializado impartirá formación teórico-práctica sobre mercadotecnia visual no sábado 12, a partir das 09.00 horas. Este taller de balde está aberto non só aos establecementos que forman parte desta edición, senón que tamén se dirixe a todos aqueles que desexen adquirir competencias neste ámbito.

Para dar a coñecer esta iniciativa tamén se repartiron flyers nunha vintena de locais hostaleiros do municipio para a súa difusión e para a divulgación de máis información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.