Cabo de Cruz acolle este domingo as regatas de traíñas da Liga Euskolabel e Liga Euskotren co apoio do Concello e de JEALSA-Rianxeira

08 Agosto 2023


O domingo 13 de agosto celébrase en Cabo de Cruz unha das xornadas da Liga ACT na que se vai disputar a IV Bandeira de Traiñeiras Feminina Rianxeira da Liga Euskotren e a XXXIII edición da Bandeira Concello de Boiro da Liga Euskolabel. Na presentación estiveron o alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de deportes, Marcos Fajardo; o presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, Luis Piñeiro; e a directora de relacións institucionais da conserveira JEALSA, Margarita Hermo.

“Trátase dunha das citas co remo máis importantes do noso municipio e que congrega a centos de seareiros, especialmente ao ter Cabo dúas traíñas na primeira categoría”, afirmou concelleiro de deportes, Marcos Fajardo.

O alcalde, pola súa banda, convidou á veciñanza e visitantes a asistir este domingo á vila boirense xa que “ademais dunha cita co remo trátase dunha data sinalada para o turismo e a dinamización económica de Boiro”.

A partir das 11.25 horas do domingo vanse disputar a duodécima xornada puntuábel da Liga Euskotren e a decimo cuarta da Eusko Label Liga. A regata masculina será de 4 longos e 3 ciabogas e a feminina de 2 longos e 1 ciaboga. “É un campo de regatas moi atractivo, os remeiros e remeiras sempre están máis motivados cando compiten na casa e os dous equipos poden ter bos resultados”, afirmou o presidente do club, Luís Piñeiro.

“Dende JEALSA estamos moi orgullosos de acompañar aos deportistas nos seus fitos e de que esta bandeira feminina se dispute por primeira vez na ACT. Os nosos remeiros teñen moito mérito xa son todos afeccionados e están a facer unha gran tempada”, afirmou a directora de Relacións Institucionais de JEALSA Margarita Hermo.

Ao rematar a regata haberá a habitual fan zone con sponsor da Liga ACT e a habitual degustación de bonito así como unha carpa para celebrar unha mexilloada e dar a coñecer o produto local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.