Brais das Hortas estará este martes ao mediodía na Cachada co seu espectáculo “Consertasso na Horta”

22 Agosto 2023

Este mércores 23 de agosto o artista multidisciplinar Brais das Hortas estará en terras de Boiro para amenizar o mediodía ao público infantil e familiar. Farao co espectáculo Consertasso na Horta, unha divertida proposta de música, teatro e humor. Será ás 12.00 horas no parque da Cachada. Organizan o Concello de Boiro e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Neste espectáculo o músico Brais das Hortas interpretará a diversos personaxes que nunha sorte de tolemia creativa e inspiradora, darán chimpos dende a música tradicional á electrónica, do punk ao chill-out e ata do trap ás regueifas. Amosará un retrato irónico da nosa sociedade adaptado para todos os públicos, cunha fonda dose de esperanza no cambio sostible das xeracións futuras.

Brais das Hortas leva máis de 20 anos dedicándose á musica e ten formado parte de bandas como Mamá Cabra, Sons Miúdos, Banda Fura Fura, e colaborado con outras e outros artistas como Ataque Escampe, Sofía Espiñeira ou Peter Punk Pallaso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...