Boiro acolle os días 5 e 6 de agosto o I Torneo 3×3 de baloncesto

05 Agosto 2023



O Concello de Boiro colabora co Club de Baloncesto Santa Baia na organización do I Torneo 3×3 Concello de Boiro que terá lugar os días 5 e 6 de agosto nas pistas deportivas de A Negral. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste 31 de xullo na presentación da proba xunto co coordinador do Club de Baloncesto Santa Baia, Guillermo Outeiral.

O torneo disputarase o sábado a partir da 10.00 da mañá e durante todo o día e o domingo pola mañá. Trátase dun torneo puntuábel da FIBA, a Federación Internacional de Baloncesto e na que competirán as categorías U15 mixto, U18 masculino, U18 feminino, Master masculino e Master feminino con equipos de todo España.

“O obxectivo deste torneo é dar a coñecer esta modalidade do baloncesto que cada vez está gañando máis popularidade no noso territorio”, afirmou Guillermo Outeiral, engadindo que o Club de Baloncesto Santa Baia “é o primeiro en Galicia en contar cunha sección de 3×3 e dos únicos que está a competir nesta modalidade a nivel nacional”.

O 3×3 xógase a media pista, cunha única canastra e con posesións moi curtas, con 4 xogadores por equipo intercambiábeis.

O I Torneo 3×3 Concello de Boiro que se disputa esta fin de semana será a antesala da liga nacional que se disputará no inverno e na que compite o Club de Baloncesto Santa Baia.

“Boiro ten un gran nivel deportivo gracias á implicación dos clubs que propoñen iniciativas como esta e que vai axudar a promover e seguir difundindo o deporte do baloncesto no noso municipio”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...