Boiro acolle esta “finde” a XXVII Regata Cruceiro Cenor (o sábado no Náutico de Barraña)

17 Agosto 2023

O Concello de Boiro colabora coa edición XXVII Regata Crucero CN Portonovo que se celebra os días 19 e 20 de agosto entre o Náutico de Portonovo e o Náutico de Barraña. O alcalde, José Ramón Romero, participou este xoves 17 de agosto na presentación xunto co presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruíz de Cortázar, e o presidente do Club Náutico de Barraña, Jesús Babío.

A regata está dividida en catro categorías, dúas para barcos ORC, solitario e clásicos e veteranos. Segundo fixeron saber, neste momento hai inscritas 20 embarcacións e van participar unhas 60 persoas. “Trátase dunha regata moi familiar que fomenta a navegación en familia e tamén o turismo”, afirmou o presidente do Náutico do Portonovo, Javier Ruiz de Cortázar.

A regata sairá arredor das 12.00h do Náutico do Portonovo para chegar a Barraña sobre as 19.30 horas, cando se fará a entrega do Trofeo Concello de Boiro, e volverá saír do Náutico de Barraña cara a Portonovo o domingo ás 12.00 horas. “Para nós é moi importante recibir xente que coñeza Boiro. Estamos traballando para optimizar a nosas instalacións e ofrecer uns mellores servizos”, comentou Jesús Babio, presidente do Náutico de Barraña.

O sábado farase entrega a partir das 19.30 horas do Trofeo Concello de Boiro aos primeiros clasificados das catro categorías. “Boiro está moi vinculado ao mar e todas as actividades náuticas como esta supoñen un impulso para o noso turismo e a nosa economía”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.