Baroña celebra este sábado unha biciquedada

18 Agosto 2023

Este sábado 19 de agosto toca pedalear. De feito, a Comunidade de Montes de Baroña convídanos a unha biciquedada para desfrutar en familia e entre amigos dunha xornada de mobilidade saudábel, deportiva e respectuosa co medio natural. A quedada ciclista comezará ás 10.00 horas no Curro da Enxa, e dende alí os participantes dirixiranse até os Chans da Raña. Haberá unha modalidade para os máis pequenos (circuíto para a rapazada) e unha ruta para maiores (percorrido longo). O programa tamén inclúe unha comida campestre de fraternidade, un mini-circuíto BTT e xogos populares. As persoas interesadas en acudir deberán formalizar a súa inscrición a través do teléfono 679 156 855.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.