As varandas do porto de Corrubedo serán repostas pola Xunta

18 Agosto 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto renovar as varandas de seguridade do porto de Corrubedo. Esta actuación xa estaba incluída no plan global de reposición destes elementos no conxunto do litoral portuario da comunidade e que o ente público está a executar desde finais de 2021.
O organismo autonómico destina en total máis de 150.000 euros á renovación das varandas que presentan deficiencias en preto de dous terzos das 122 instalacións portuarias autonómicas. No caso de Corrubedo substituiranse máis de 70 metros lineais destes elementos en toda a zona portuaria e a execución da obra, de acordo coa planificación global do contrato para o conxunto de Galicia, está prevista para principios do vindeiro outono.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...