Arranca en Ribeira a II Feira do Vinilo do Barbanza

12 Agosto 2023

Este sábado 12 de agosto celébrase en Ribeira a II Feira do Vinilo do Barbanza, a Feira Xiradiscos. Será novamente na praza de Vigo durante toda a xornada do sábado.

Ás 12.30 está prevista a inauguración oficial, a cargo do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.

A feira vén da man do Smart Studio de Nell Martínez e o selo discográfico local Radix Records, co apoio do Concello e dunha manchea de firmas locais patrocinadoras.

Este ano contarase coa presenza no evento do dúo local @s Jaloch@s, formado por Suso Bello e Sabela Olivares, que actuarán o día 12 pola mañá, no marco das actividades para a rapazada. Suso e Sabela contribuirán co espectáculo musical Ritmando, indicado para rapazas e rapaces de Infantil e de Primaria.

Entre as propostas que vai albergar o certame destaca un mercadiño de discos de vinilo, tamén a presenza do chef Nacho Rodríguez do restaurante A Barbecho de Palmeira na sesión vermú coa degustación feita ad hoc para a feira: Edición Limitada e coa música vinílica un ano máis de Toño Ferreirós (Boiro).

Pola tarde continurá co mercadiño…, xa cara á noite comezarán as actuacións ao vivo con Mentah (Indie-Rock de Ferrol), Feed the Pet (Indie-Rock Ferrol) e Playa Desmayo (Garaje-Punk Coruña) todos os grupos pertencen ao selo ribeirense Radix Records.

Para rematar a xornada contarase co mesturador de audio Nell Martínez picando música do século pasado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.