Aguiño repartiu case 1.000 quilogramos de percebe

07 Agosto 2023

Un ano mais a Confraría de Carreira e Aguiño organizou a tradicional feira gastronómica declarada de Interese Turístico Galego, na que se despacharon case 1.000 quilogramos de percebe.

-ao que tamén asistiron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez-

Os homenaxeados este año como Percebeiros de Honra foron o ex-alcalde Manuel Ruiz e o activista humanitario local Rubén Lijó. Ao evento acudiu o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, así como tamén
José Antonio Álvarez, presidente de Portos. Tamén acudiron o alcalde e o tenente alcalde, Luís Pérez Barral e Vicente Mariño. O rexedor dixo que “é necesario poñer en valor un sector que é máis que unha actividade económica que xera miles de postos de traballo, senón que tamén forma parte da esencia de Galiza”. E engadiu: “Quero mandarlle toda a miña gratitude a tódolos percebeiros e percebeiras que co seu labor contribúen a enriquecer a nosa cultura, as nosas mesas e o noso amor polo mar”.

Pola súa banda, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, salientou a importancia de citas gastronómicas como a Festa do Percebe de Aguiño para “enxalzar o traballo dos profesionais da pesca e dar a coñecer en todo o mundo a calidade dos produtos do mar de Galicia”. Neste sentido, destacou “a relevancia dunha cita que chega este ano á súa XXIV edición tras ser declarada o ano pasado como Festa de Interese Turístico Galego polo Consello da Xunta”. O titular de Mar recoñeceu durante este evento o traballo da confraría de pescadores de Aguiño-Carreira e o arriscado labor dos percebeiros, gabando a excelencia e calidade do crustáceo que colleitan. Tamén tivo mencións especiais para os dous Percebeiros de Honra desta edición: Manuel Ruiz Rivas, que foi alcalde da localidade durante 12 anos e agora senador, polo seu apoio ao sector do mar e á festa gastronómica por excelencia de Ribeira; e Rubén Lijó, que durante 15 anos foi rescatador no helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.