“Abrir a bolsa común da sardiña en setembro, sería unha solución”. Antón Luaces

27 Agosto 2023

Os xeiteiros ven como ano tras ano “se lles vai a vida” coa constante rebaixa nas posibilidades de pesca da sardiña no caladoiro cantábrico-noroeste, e como medra a súa dependencia das posibilidades de que no golfo de Cádiz se manteñan os excedentes deste peixe para poder comprar cota que repartir aquí. De non ser así, non queda outra saída que o amarre de frota malia que esta é cada vez menor.

O Barbanza preguntou ao respecto ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, o ribeirense José Antonio Pérez Sieira, para quen resulta fundamental que “a bolsa común que permite a pesca desa especie se abra en setembro e non en outubro” como se ven facendo. Pérez Sieira lamenta que fallen pesqueiras como as de xurel e xarda porque “obriga a toda a frota do cerco a dispoñer da sardiña como obxectivo. E o caso é que hai moitísima sardiña. Na pasada campaña fixáronse 1.700 toneladas de cota no cantábrico-noroeste e consumíronse en cuestión de días”. Oficialmente son 412 as embarcacións que, en Galicia, dispoñen de posibilidades para pescar sardiña coa arte do cerco. Pero esta pesqueira redúcese constantemente, no ben entendido de que existe o convencemento de que se trata dunha cuestión cíclica favorecida polas modificacións das condicións naturais do mar, especialmente no tocante a temperaturas. Porque os reclutamentos da sardiña teñen unha elevada dependencia das condicións ambientais e oceanográficas que, sen dúbida, inflúen nese comportamento relativamente cíclico da especie.Sexa o que sexa, o certo é que, a día de hoxe, o cerco galego non pode ter a sardiña como especie obxectivo. Acabóuse a súa pesca por esgotamento da cota e á espera da apertura desa bolsa común citada anteriormente ou da compra de excedentes no Golfo de Cádiz.Son 412 as embarcacións que, en Galicia, dispoñen oficialmente de posibilidades de pesca de sardiña coa arte de cerco. Pero esta capacidade vai a menos -segundo a información facilitada pola Consellería do Mar- desde o ano 2011 e ata o 2019. En 2015, por exemplo, as capturas descenderon, pero en 2016 incrementáronse. En 2018 foron 134 os barcos que despacharon  para o xeito e capturaron un total de 124.678 quilos de sardiña, cantidade que pasou a ser de 110.100 quilos no ano 2019 para os 119 barcos que se despacharon. En 2.020 pescáronse 183.834 quilos polos 143 barcos arranchados. E na ùltima campaña as capturas ascenderon a 265.665 quilos para un total de 112 embarcacións. Ao longo do ano 2022, o stock dispoñible foi de 381.074 quilos.Unha resolución da Consellería do Mar de 2 de xaneiro de 2023, aprobou o plan de xestión da sardiña con xeito para este mesmo ano. (O xeito é un arte de enmalle moi selectivo, que permite que o 80% das capturas que realiza sexan sardiñas). Este plan de xestión tenta regular as capturas e desembarques das especies capturadas en augas de Galicia desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro do mesmo ano, con topes de 20 toneladas para o primeiro trimestre e unha cota de 50 quilos por tripulante a bordo e día, aos que se suman 50 quilos por barco e día. Pero o resultado está a vista cando xa  está máis que mediado o segundo semestre : máis do 75% da frota que podería pescar sardiña nen sequera molla o aparello. O futuro inmediato non depara optimismo.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.