A “Unidade Veciñal de Dodro” pide que se faga un plan de limpeza dos núcleos rurais

08 Agosto 2023

Dende a “Unidade Veciñal de Dodro” afirman coñecer a dificultade da limpeza de todos os núcleos rurais do concello, 26 en total, pero pensan que hai que ter un plan de actuación sobre os espazos públicos que sexa transparente. Así a formación política di que no seu programa electoral propuxo unha planificación da limpeza dos espazos públicos, dando prioridade a espazos educativos, e espazos comúns como son os parques infantís, pistas polideportivas, prazas das aldeas, etc.

Segundo a formación neste momento non hai un criterio, ao seu entender, de actuación sobre os espazos públicos e estase facendo todo en base ás festas de cada aldea.

Pensan que se teñen que dar prioridade aos parques públicos antes que, por exemplo, ás escolas que agora mesmo non teñen actividade, aos parques infantís das aldeas que mais nenos teñen e non só polos nenos senón pola nosa xente maior que os usa como lugares de lecer e socialización.

Unha das aldeas que mais veciños gañou e con moitos nenos foi Pexegueiro pero o seu parque infantil está impracticable coa vexetación ocultando os bancos e os xogos dos nenos.

Debido a unha política de instalación de parques infantís, en cada aldea, aínda que non tivesen usuarios, que fixo que se chegase a mais de 20 parques, en épocas do goberno do PP, agora é, din, moi difícil telos todos perfectamente acondicionados e entenden a dificultade por parte dos operarios do concello.
A “Unidade Veciñal de Dodro” pide o goberno do PSOE que elabore un plan de traballo e dar prioridade aos parques e espazos que sexan mais usados polos veciños para non ver como están limpos espazos que xa ninguén usa, que teñen que estar acondicionados igualmente, pero outros que son lugares de reunión habitual están en un estado lamentable

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...