Axentes adscritos á Comisaría de Ribeira, tralo que foi, segundo fontes da Policía Nacional “unha laboriosa investigación”, detiveron a dous individuos como presuntos autores dun roubo con forza nunha embarcación pesqueira atracada no porto da cidade.
Os feitos ocorreron hai unhas semanas cando o propietario da embarcación denunciou que lle entraban na mesma e tras forzar a porta de acceso á cabina, subtraéranlle diversos efectos (GPS, tableta, sistemas de telecomunicacións, entre outros).
Tras iniciar a investigación, púidose determinar a participación de varias persoas nos feitos, localizando a dous dos presuntos autores, procedendo á súa localización e detención. A Policía Nacional engade que “non se desbota a práctica de posteriores detencións” e de que grazas á investigación “puidéronse recuperar todos os efectos subtraídos”.
Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira, en funcións de garda.




