A Pobra vive este 19 de agosto unha xornada de baloncesto e voleibol na praia

19 Agosto 2023

Este 19 de agosto vivise unha dobre cita deportiva na Pobra do Caramiñal. Se ben nas pistas do Castelo haberá o torneo CONGALSA 3×3 Basket Pobra xa anunciado a semana pasada dende a Área de Deportes do Concello, a praia da Lombiña será escenario dun de volei-praia a partir das 10.00 horas. As categorías que tomarán parte deste último evento son a masculina/mixta, a feminina e a infantil.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, indica que se prosegue así na liña de fomenta-la práctica de distintas disciplinas deportivas.

Habilítase o teléfono de contacto 629824957 para a formalización das inscricións, cuxo prazo remata ás 22.00 horas do día 16. A cota ascende aos 5 euros por xogador/a nas modalidades adultas e será de 5 euros por equipo infantil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.