A Pobra, Ribeira, Boiro, Muros e Outes, beneficiados das axudas á promoción da lingua galega da Secretaría de Política Lingüística

09 Agosto 2023

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destina 350.000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais. Faino a través dunha convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para “fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega este 2023”.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García

Con este apoio, as entidades beneficiarias prestarán á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística.

Os concellos ou agrupacións destes que resultaron beneficiarios terán a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2023. Pola súa parte, o prazo de xustificación das axudas concedidas remata o 20 de outubro deste ano polo que, para recibir as contías correspondentes, os beneficiarios deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística, co límite da dita data, a documentación xustificativa dos gastos realizados.

A resolución co listado das entidades locais beneficiarias e as contías correspondentes a cada unha, así como a orde da convocatoria das subvencións con toda a información necesaria, pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

Estes son os concellos beneficiados da nosa comarca:

2023/0023Concello de RibeiraMantemento do Servizo Lingüístico10.711,65 €
2023/0026Concello de OutesMantemento do Servizo Lingüístico8.848,23 €
2023/0027Concello de BoiroMantemento do Servizo Lingüístico10.711,65 €
2023/0038Concello de MurosMantemento do Servizo Lingüístico5.568,90 €
2023/0064Concello da Pobra do CaramiñalMantemento do Servizo Lingüístico6.732,35 €

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística, que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociadas a ela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.