“A pesca e os nosos mares non se subhastan”. Antón Luaces

03 Agosto 2023

A eólica mariña, á que non se opón o sector pesqueiro, “deixa un futuro incerto”, na opinión do presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Basilio Otero.

Foi unha das varias opinión expresadas no salón de actos da lonxa da Coruña no mediodía deste xoves de sol e nubes, como nubes e sol había asimesmo nesta xuntanza da Plataforma en  Defensa da Pesca na que se agrupan pescadores de Galicia, Asturias e Canarias que, non sendo oponentes á enerxía eólica, sí poñen obxeccións á expansión desta porque  “invade” os caladoiros de pesca e impide que esta se exerza coma sempre se fixo: pescando.

Quedou ben explícito na intervención do canario David Pavón, quen dixo que , aos problemas que xa tiña o sector pesqueiro “agora se suman os que aporta o vento”, referíndose á enerxía eólica á que, asegurou, non nos opoñemos malia ser “unha amenaza que nos pisa. Estamos en contra de que nos quiten espazo e que os grandes  pisen aos pequenos”, apuntando directamente á responsabiidade das grandes empresas eléctricas que están por detrás da máis dunha ducia de proxectos eólicos que tentan ser realidade en pouco tempo a ascasas millas das costas españolas e que se van situar enriba dos caladoiros nos que faenan milleiros de barcos que, capturando  peixe -un dos máis sans alimentos para seres humanos- aportan traballo e medios económicos a quen fan posible a existencia dun método de traballo secular do que agora se beneficia Europa pola importación dun alimento que non producimos.

“Ou vives ou morres”, dixo Pavón, membro canario da Plataforma, que demandou “carácter precautorio” para a eólica que “manexan as mesmas persoas que fan que os mariñeiros paguen as consecuencias da instalación desta macroindustria”.

Hai un cabreo xeralizado por esta actuación gobernativa, especialmente coa ministra saínte do departamento de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a quen os armadores de pesca culpan de todos os males derivados da “mala planificación” da eólica mariña en España, mentres a Comisión Europea -non así o Parlamento Europeo- “pensa en verde e na descarbonización”. Unha planificación, a da eólica, na que non se evita “o emprego de man de obra infantil” e na que “se protexe máis aos animais ca os seres humanos”.

Os ánimos entre a xente do mar -pacífica en estremo e que “só se mobilizaron dúas veces” (dixo o presidente das confrarías españolas)- están encendidos: queren que se anule ou se revoque o proxecto de instalación dos parques de aeroxeradores, porque os tribunais non van tardar menos de dous anos en resolver o pleito formulado pola Plataforma. Esta ten en Galicia o seu talón de Aquiles: “é evidente a loucura desta ministra, que destina á costa galega o 48% da eólica española”. A solución, afirman os afectados, só vai poder  chegar se poden dar á mesma carácter político.

O sector pesqueiro español é un sector estratéxico, no que se deben ter en conta o traballo e o que se derive dun Instituto Español de Oceanografía (IEO) ao que non se da vela neste enterro: “estase a poñer en perigo un alimento, algo que de feito condena a UE”, lembrou Torcuato Teixeira, portavoz da Plataforma, e está a facerse “a traición e con aleivosía”.

O propio Teixeira deixou nidiamente claro que “o sector pequeiro non se opón nin vai oporse nunca ás renovables. Pero tampouco admite polígonos que acaben coa pesca”, polo que na demanda interposta xudicialmente se ten en conta un informe da Univerisdade da Coruña e que o expedente administrativo aberto non ten un só informe de como poden afectar esas instalacións á pesca nin do espacio socioeconómico que estas industrias pesqueiras teñen que asumir, por máis que se produzan accións contrarias ao sector e favorables ás eólicas: “é un panorama aterrador planificado para que a industria eléctrica faga o seu agosto”.

E así vai.

Outros artigos

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...

+

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

+

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...