A hostalaría ribeirense reúnese co Goberno local para colaborar co sector

08 Agosto 2023

Esta mañá tivo lugar unha xuntanza entre representantes da Asociación de Hostelería de Ribeira e da Asociación Hostalaria.gal con Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, e Genoveva Betanzos, concelleira de Promoción Económica, Emprego e Consumo. Ambas entidades acaban de asinar un convenio de colaboración no que a hostalaría ribeirense forma parte de Hostalaria.gal, Asociación con sede en Santiago de Compostela e de ámbito galego, unha estrutura máis ampla que transcende o eido local e ten presenza noutros foros onde se deciden os intereses do sector.
Na reunión analizaron o estado do sector hostaleiro na comarca, detectando as necesidades ou carencias así como as súas fortalezas e oportunidades. Expuxeron a delicada situación económica do sector, derivada da falta de liquidez que sofren a maior parte das empresas provocada pola crise inflacionista. Demandaron poder habilitar unha liña de axudas ao investimento en actuacións sostibles, que ao mesmo tempo vai propinar un aforro económico nas empresas. Igualmente falaron da importancia de promover actuacións en materia de economía circular.
Por outra banda, transmitiron ao alcalde a necesidade de realizar campañas de dinamización que incentiven o consumo e que contribúan á desestacionalización do sector, buscando potenciar o turismo con destino Ribeira, os produtos gastronómicos comarcais, a promoción do Camiño “A Orixe”, así como campañas de formación específicas de persoal que está en disposición de incorporarse ao mercado laboral a través do sector.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...