A edición 2023 da Feiriña de Outes (este sábado 19 de agosto) foi finalmente un éxito de participación, tanto de visitantes (residentes e turistas) como artesáns, obradoiros e postos de venda convocados procedentes de sectores como a gastronomía, a artesanía, o comercio en xeral, a cultura ou o agro.

Segundo confirmaron fontes do Concello, máis de 45 postos ofreceron “unha feiriña ampla e diversa” e arredor de 2.000 persoas desfrutaron da xornada festiva, con actuacións musicais e variedade de opcións creativas para a veciñanza.

“Un ano máis, a Feiriña resultou nun éxito para o comercio local e os postos visitantes”, confirmaron dende o equipo de Goberno local, que compartiu no Facebook municipal unha completa reportaxe fotográfica. A Feiriña levouse a cabo a longo da xornada do sábado 19, en horario ininterrompido de 11.00 a 22.00 horas, na rúa da Capela. Organizou o Concello de Outes.




