A compañía francesa Collectif Primavez achega o espectáculo “Laisse Moi” este mércores en Boiro

29 Agosto 2023

Este mércores 30 de agosto a agrupación circense Collectif Primavez vai achegar en Boiro un espectáculo infantil e familiar. Trátase de Laisse Moi. Será a carón da Casa da Cultura de Boiro (na avenida da Constitución) a partir das 20.30 horas.

Nesta función, a compañía francesa Collectif Primavez achega unha proposta innovadora de expresión corporal e movemento na que repasan sentimentos e sensacións entre os dous protagonistas.

Unha montaxe na que unha parte do público ten un papel fundamental xa que sustenta os mastros chineses que forman parte da escenografía do espectáculo.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.