A Aula Sostible do Freixo presenta os agasallos que serán distribuídos na nova edición da Mostra Mares da Fin do Mundo

27 Agosto 2023

O alumnado da Aula Sostible do Freixo será novamente (un ano máis) o encargado de confeccionar os agasallos que recibirán os asistentes á Mostra Mares da Fin do Mundo, festival de cinema marítimo e mariñeiro organizado polo Concello de Outes e patrocinado pola Deputación de Coruña e a Xunta de Galicia, Os devanditos agasallos consistirán nuns chaveiros elaborados con plásticos procedentes de diversas campañas de concienciación de reciclaxe e de limpeza de praias. Nesta edición, os chaveiros virán acompañados dun código QR que amosará ás persoas destinatarias dos presentes o proceso de fabricación e diversas curiosidades en torno ao material empregado na súa confección.

Este proxecto da Aula do Freixo foi recentemente galardoado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España, e é unha iniciativa colaborativa na que diversas entidades de inclusión social da contorna do Concello de Outes traballan para redución de residuos plásticos e na integración social de persoas con diversidade funcional.

A Asociación Misela, Adisbismur e A Creba Saúde Mental, coordinadas pola Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia e o GALP Costa Sostible, extraen refugallos das praias e danlles unha nova vida transformándoos en lámpadas, chaveiros, agullas, perchas, macetas, mosquetóns e moito máis.

Por certo que a nova edición da Mostra Martes da Fin do Mundo celebrarase este ano do 1 ao 5 de novembro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...